Premios
Xa temos gañadores do IV Festival de Curtas de Sada!!!!
Noraboa a tódolos gañadores e participantes:
Premios técnicos,
Sebas Fábrega por “Birdboy” Mellor Deseño Gráfico
Suso Sáiz por “Birdboy” Mellor Música Orixinal
Pablo Millán por “Fatum!” Mellor Montaxe
David Machado por “A residencia” Mellor Son
Paola Beiro e Sofía Tarela por “O dente negro” Mellor Guión
Vicente de Souza por “O show de…” Mellor Actor
Rosa Álvarez por “A residencia” Mellor Actriz
Alex Sampayo por “A residencia” Mellor Dirección
Premios Oficiais:
O SHOW DE… MELLOR CURTA DE FICCIÓN
BIRDBOY MELLOR CURTA DE ANIMACIÓN
EL PAYASO ASESINO PREMIO DO PÚBLICO
Gala de Premios
A gala de entrega de Premios terá lugar o día 30 de abril no auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada.
A hora de comezo do evento será ás 20 horas e contaremos coa actriz Isabel Risco como presentadora da Gala.
Nela os asistentes ademáis de desfrutar da actuación desta inigualable cómica e actriz, poderán disfrutar das curtametraxes gañadoras e tamén da proxección dunha serie de vídeos realizados por alumnos dos institutos de Sada.
Contaremos coa presenza de directores, actores e autoridades do sector audiovisual galego.
Programación
Xa está dispoñible na sección O FESTIVAL a información completa sobre o certame de curtametraxes de Sada.
Neste espazo tedes información das proxeccións á concurso, do xurado e tamén dos premios.
Recordade que a gala de entrega de premios terá lugar o día 30 de abril na Casa da Cultura Pintor Lloréns ás 20 horas.
Podedes descargarvos a información en pdf neste enlace
Xurado
O xurado do Festival Galego de Curtas de Sada é o seguinte.
1- Gabriela Castro, concelleira de Cultura do Concello de Sada
2- Xoán Costa, presidente da Asociación Socio-pedagóxica Galega (AS-PG)
3- Sergio Modia, presidente da Asociación de Usuarios de Informática Clásica (AUIC)
4- Arturo López, dramaturgo e director da compañía Espello Cóncavo
5- Alfonso Hernández, realizador de curtametraxes de Sada
Presidente de honra do xurado: Fernando Morán pola súa participación desinteresada en tódalas edicións do Festival de Curtas de Sada
Curtas seleccionadas
Xa está dispoñíble a selección final das curtametraxes que pelexarán polos premios…
unha decisión difícil do comité de selección.
Agradecemos á tódolos curtametraxistas a súa participación.
Podedes ver as curtas seleccionadas neste enlace.
Grazas a todos pola vosa participación.
Selección final
A selección final de curtametraxes participantes no Festival Galego de Curtas de Sada será publicada o 1 de abril.
Curtas presentadas
Xa son 36 as curtametraxes presentadas ao Festival Galego de Sada.
Nestes momentos aínda temos pendente algún envío máis, posto que unhos participantes esqueceran algúns datos solicitados.
En todo caso podedes comprobar se a vosa curta está preseleccionada neste enlace.
O día 12 de abril daráse a coñecer a listaxe das películas seleccionadas.
Grazas a todos pola vosa participación.

