Archive for abril, 2011


Gala de Premios

A gala de entrega de Premios terá lugar o día 30 de abril no auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada.

A hora de comezo do evento será ás 20 horas e contaremos coa actriz Isabel Risco como presentadora da Gala.

Nela os asistentes ademáis de desfrutar da actuación desta inigualable cómica e actriz, poderán disfrutar das curtametraxes gañadoras e tamén da proxección dunha serie de vídeos realizados por alumnos dos institutos de Sada.

Contaremos coa presenza de directores, actores e autoridades do sector audiovisual galego.

Programación

Xa está dispoñible na sección O FESTIVAL a información completa sobre o certame de curtametraxes de Sada.
Neste espazo tedes información das proxeccións á concurso, do xurado e tamén dos premios.
Recordade que a gala de entrega de premios terá lugar o día 30 de abril na Casa da Cultura Pintor Lloréns ás 20 horas.
Podedes descargarvos a información en pdf neste enlace

Xurado

O xurado do Festival Galego de Curtas de Sada é o seguinte.

1- Gabriela Castro, concelleira de Cultura do Concello de Sada

2- Xoán Costa, presidente da Asociación Socio-pedagóxica Galega (AS-PG)

3- Sergio Modia, presidente da Asociación de Usuarios de Informática Clásica (AUIC)

4- Arturo López, dramaturgo e director da compañía Espello Cóncavo

5- Alfonso Hernández, realizador de curtametraxes de Sada

Presidente de honra do xurado: Fernando Morán pola súa participación desinteresada en tódalas edicións do Festival de Curtas de Sada

cartel 2011

programa

Curtas seleccionadas

Xa está dispoñíble a selección final das curtametraxes que pelexarán polos premios…
unha decisión difícil do comité de selección.
Agradecemos á tódolos curtametraxistas a súa participación.
Podedes ver as curtas seleccionadas neste enlace.

Grazas a todos pola vosa participación.